Soiuz 3 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 26 de outubro de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 3, unha Soiuz modelo 7K-OK co cosmonauta Georgi Beregovoi a bordo, foi lanzada para acoplarse coa Soiuz 2, non tripulada e lanzada unhas horas antes. A misión foi planeada para gañar práctica nas citas e acoplamentos espaciais. Beregovoy non conseguiu acoplarse coa Soiuz 2 debido á súa insistencia en usar os controis manuais e saltarse os sistemas automáticos, gastando a maior parte do propelente adicado a manobras no seu primeiro intento de acoplamento. O resto da misión adicouse a facer diferentes probas coa cápsula, así como experimentos dirixidos á observación astronómica e á observación terrestre.

A Soiuz 3 volveu a terra o 30 de outubro de 1968 ás 7:25 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 2

Notas

Categoría:Programa Soiuz