O aeroporto de Varsovia-Chopin (IATA: WAW, ICAO: EPWA) é un aeroporto internacional situado no distrito Włochy de Varsovia, a capital de Polonia. Trátase do aeroporto máis grande do país cubrindo unha área de 834 hectáreas, e é tamén o máis concorrido, pasando por el o 40% dos viaxeiros por aire de Polonia. Varsovia-Chopin ten ao redor de 300 voos regulares diarios e un número cada vez maior de voos chárter. Londres, Chicago, Frankfurt, París e Ámsterdam son as conexións internacionais máis usadas, mentres que Cracovia, Wrocław e Gdańsk son os destinos domésticos máis populares.
Anteriormente coñecido aeroporto de Varsovia-Okecie ou aeroporto internacional de Okecie, levou o nome da veciñanza de Okęcie durante toda a súa historia ata que se lle cambiou na honra do compositor polaco e antigo residente de Varsovia Frédéric Chopin en 2001. A pesar do cambio oficial, Okecie segue utilizándose, incluso tamén en referencias aeronáuticas e de tráfico aéreo.
En xuño de 2012 inaugurouse unha estación para conectar o aeroporto ao sistema de metro da cidade, xusto a tempo para a Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012. En novembro de 2013 o aeroporto anunciou que por primeira vez na súa historia pasaran polas súas instalacións 10 millóns de pasaxeiros nun único ano.
O segundo aeroporto internacional da cidade é o moito máis pequeno aeroporto de Varsovia-Modlin, inaugurado no ano 2012 e usado por aeroliñas de baixo custo.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Varsovia