Soiuz 36 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 26 de maio de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soyuz 36, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Valeri Kubasov e Bertalan Farkas (o primeiro cosmonauta de Hungría) a bordo, foi unha misión Interkosmos lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A tripulación adicouse a facer diversos experimentos ata o seu regreso.
Kubasov e Farkas regresaron á Terra na nave da misión Soiuz 35, pertencente aos cosmonautas de longa estancia Leonid Popov e Valeri Riumin, deixando a súa Soiuz , máis nova e fresca, na estación. Aterraron o 3 de xuño de 1980 ás 15:07 GMT.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Soiuz 29 Soiuz 30 Soiuz 31 Soiuz 32 Soiuz 33 Soiuz 34 Soiuz 35 Saliut 6
Categoría:Programa Soiuz