Emilio Durán Corsanego, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923 e finado en Madrid o 28 de maio de 2023, foi un xurista e político galego.

Traxectoria Foi mestre de Primeira Ensinanza na Escola Normal da Coruña e profesor mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña. En 1946 licenciouse en Dereito pola Universidade Literaria de Santiago, e en 1948 ingresou no notariado. Exerceu como tal en Ayorbe (provincia de Huesca), As Pontes de García Rodríguez, Cartaxena, Vigo, Bilbao e Madrid. En 1949 comezou a traballar como rexistrador da propiedade, cargo que exerceu en Sedano (provincia de Burgos), Ponte Caldelas, A Coruña, Palma e Madrid. En 2003 doutorouse en Dereito con sobresaínte cum laude.

Nas Eleccións xerais de España de 1982 foi elixido deputado pola provincia da Coruña por Alianza Popular."Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados", ABC, 24 de novembro de 1982 .Ficha na web do Congreso dos Deputados . Tras a entrada de España na Unión Europea foi nomeado deputado do Parlamento Europeo en 1986, cargo que mantivo até as eleccións do ano seguinte.Ficha na web do Parlamento Europeo .

Finou en Madrid o 28 de maio de 2023.Nocrolóxica en La Voz de Galicia, 3-6-2023, p. 45.

Obra La autorregulación de la tutela. Editorial Universitaria Ramón Areces, 2007. "El automóvil y el Dr. Durán". Madrid, 1996. Accésit do V premio Fundación RACE. (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 21. ISBN 9788471541161 Publicou artigos biográficos sobre notarios e rexistradores da propiedade en Gaceta de los Notarios e Pausa. Tamén publicou traballos no Boletín del Colegio Nacional de Registradores de la Propiedad, e artigos en prensa sobre Hispanoamérica, a lingua galega e o Apóstolo Santiago.

Vida persoal Descendente do médico de Feás Ángel Durán Villanovo, casou con Lucía de la Colina Unda, con quen tivo oito fillos e vinte netos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web Galegos.

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1923 Categoría:Notarios Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por AP Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Finados en 2023 Categoría:Europarlamentarios de España (1984-1989)