Flybe é a aeroliña rexional independente máis grande de Europa. Está baseada en Exeter e opera máis voos domésticos no Reino Unido que calquera outra compañía. Transporta ao redor de 7 millóns de pasaxeiros anualmente en 149 rutas a 62 destinos de 9 países, conectando con centros de conexión de longa distancia en Manchester, Birmingham, París, Dublín e Ámsterdam. É membro da European Regions Airline Association. A compañía nai de Flybe é Flybe Group PLC (anteriormente coñecida como Walker Aviation Limited), que cotiza na bolsa de Londres.
A aeroliña naceu en 1979 como Jersey European Airways tras a fusión de Intra Airways e Express Air Services. No ano 1983 foi vendida ao Walker Steel Group, que tamén era dona de Spacegrand Aviation, e as dúas aeroliñas uníronse baixo o nome de Jersey European en 1985. Jersey European foi rebautizada como British European no ano 2000 (acurtado a "BE"), e recibiu o seu nome actual en 2002.
Frota En xullo de 2017 a frota de Flybe estaba formada polos seguintes avións: + Frota de FlybeAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasATR 72-6005270Operados por Scandinavian Airlines.Bombardier Dash 8 Q40059—78Dous operados por Brussels Airlines. Seis serán retirados en 2017.Embraer 17511488Entregas dende 2019.Embraer 1959—118Dous operados por Stobart Air. 3 deixarán a frota en xuño de 2018.Total846
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Notas
Categoría:Aeroliñas do Reino Unido