miniatura|250px|Castelo de Sant'Angelo dende a ponte. No máis alto do castelo hai unha estatua do arcanxo Miguel, que é quen lle dá o nome ó edificio. O Mausoleo de Hadriano, máis coñecido como Castelo de Sant'Angelo (en ) é un edificio en forma de torre cilíndrica que se ergue no Parco Adriano, na cidade de Roma, a pouca distancia da Cidade do Vaticano. Nun principio foi encargado polo emperador romano Hadriano como un mausoleo para el e a súa familia. O edificio foi posteriormente empregado polos papas como fortaleza e castelo, e no presente é un museo. O castelo foi outrora o máis alto edificio de Roma.
Comezado polo emperador Hadriano no ano 135 para ser o seu mausoleo persoal e familiar, foi rematado por Antonino Pío en 139. O monumento, erguido con pedra de travertino, estaba engalanado no seu punto máis alto por unha cuadriga en bronce guiada polo emperador Hadriano. O edificio cambiou de uso moi axiña e converteuse nun edificio militar. Integrouse á Muralla Aureliana en 403. miniatura|Mole Adrianorum: aproximación mediante simulación dixital da súa posible aparencia orixinal.
O actual nome do castelo data do ano 590, durante unha grande epidemia de peste que golpeou a cidade de Roma. O papa da época, Gregorio I, viu ó Arcanxo Miguel sobre o cumio do castelo que envainaba a súa espada significando a fin da epidemia. Para conmemorar a aparición, a estatua dun anxo coroa o edificio (primeiro unha estatua en mármore de Raffaello da Montelupo, e dende 1753 unha de bronce de Pierre van Verschaffelt sobre un debuxo de Bernini).
miniatura|San Miguel Arcanxo segundo a lenda da súa aparición. Dende 1277, o castelo está conectado coa Cidade do Vaticano por un corredor fortificado, chamado Passetto, duns 800 metros de lonxitude. A fortaleza foi o refuxio do Papa Clemente VII durante o asedio e saqueo de Roma no ano 1527, que levaron a cabo as tropas do rei Carlos I de España, emperador Sacro Imperio Romano Xermánico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Arquitectura en Roma Categoría:Castelos de Italia Categoría:Mausoleos