dereita|miniatura|Atrapasoños. Nalgunhas cultura nativas americanas, os atrapasoños (en , a forma inanimada da palabra "araña",Freelang Ojibwe Dictionary en ) son aros feitos de salgueiro, en cuxo oco hai unha rede ou arañeira. O atrapasoños tamén pode incluír obxectos sagrados como certas plumas ou contas. Traditionalmente pendúranse nos berces como xeito de protección.Densmore, Frances (1929, 1979) Chippewa Customs. Minn. Hist. Soc. Press; pg. 113.

Os atrapasoños son orixinarios do pobo ojibwa e foron adoptados gradualmente por pobos veciños a través da matrimonio mixto e o comercio. Non foi até o movemento panindianista da década de 1960 e 1970 cando foron adoptados por nativos americanos de diversos pobos e culturas. Algúns considérano como un símbolo de unidade das diferentes nacións indias, e un símbolo xeral de identificación cos nativos americanos e as Primeiras Nacións. Porén, outros nativos americanos consideran que os atrapasoños están sobreexplotados comercialmente e que foron apropiados ofensivamente por non nativos."Native American Dream catchers", Native-Languages

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Indian Arts and Crafts Act of 1990

Categoría:Antropoloxía cultural