Illa Salisbury, (ruso: Остров Солсбери; Ostrov Solsberi) é unha illa situada na zona central da Terra de Francisco Xosé, Rusia.
A illa Salisbury é relativamente grande e longa, cunha superficie de 960 km². O seu punto máis alto ten 482 m e practicamente toda a superficie da illa está cuberta de xeo.
A illa Salisbury é parte do subgrupo da terra de Zichy do arquipélago de Francisco Xosé. Ten moi pouco mar aberto ao redor dela, quedando atrapada entre a illa Luigi e a illa Champ nas súas beiras suroeste, illa Ziegler no nordés e illa Wiener Neustadt no leste.
Esta illa nomeouse así polo profesor de xeoloxía Rollin D. Salisbury (1858-1922), da Universidade de Chicago. Salisbury foi o segundo ao mando na expedición de socorro de Peary.
A illa de Salisbury no arquipélago de Francisco Xosé non debe confundirse coa illa Salisbury do Canadá.
Illas adxacentes Illa Elisabeth (Остров Елизаветы; Ostrov Yelizavety) é unha illa de 5 km de forma de forma oval situada a 7 km do extremo noroccidental da illa Salisbury. Non glaciarizada o seu punto máis alto ten 121 m. Esta illa foi chamada así pola arquiduquesa Elisabeth Marie de Austria, filla de Rodolfo, príncipe herdeiro de Austria, despois de que nomeara a illa de Rudolf, a illa máis setentrional da terra de Francisco Xosé. Ostrova Kuchina (Острова Кучина). Estes son dous illotes moi pequenos da costa nordés da illa de Salisbury; un deles está moi preto da beira. Foron nomeados na honra do explorador ártico ruso Alexander Kuchin, o único ruso na expedición de Amundsen ao Polo Sur no Fram. Kuchin perdeuse na malograda expedición de Vladimir Rusanov de Spitsbergen no barco Gerkules en 1912.
miniatura|left|400px|Varias illas da Terra de Francisco Xosé conxeladas
Véxase tamén
Outros artigos Terra de Francisco Xosé
Categoría:Illas de Rusia Categoría:Illas do Océano Ártico