+ Soiuz MS 250px|center Descrición Función: Misións na órbita terrestre. Tripulación: Tres cosmonautas. Dimensións Altura:: Diámetro: Lanzamento Carga útil: - Retorno de Carga útil: - Masa no lanzamento: Volume Presurizado: 9 m3 Enerxía Eléctrica Fonte: Paneis solares Tamaño: Enerxía Xerada: 0,70 kW Motores a bordo Motor principal: Propulsores: Rendemento Resistencia: 200 días Apoapse: Periapse : Inclinación: Lanzamento Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur Rampla: Foguete Acelerador: Soiuz FG
Soiuz MS é un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre e dar servizo á Estación Espacial Internacional. O seu primeiro voo tivo lugar en 2016.
Características A Soiuz MS é unha mellora da Soiuz TMA, con cambios centrados nun novo ordenador de a bordo, redundancia no control de actitude e no sistema de acoplamento e paneis solares máis modernos. Entre as melloras están:
Aumento da eficiencia das células solares dun 12% a un 14% e área dos paneis solares aumentada en 1,1 m2. Se engade unha quinta Baterías de 155 Amperio-hora de capacidade. Capas antimeteoroides adicionais no módulo orbital. Uso do novo ordenador TsVM-101 de só 8,3 kg de peso fronte aos 70 kg do ordenador Argon 16 anterior. Propulsores de control de actitude reordenados para permtir o acoplamento e desacoplamento cun propulsor averiado e a deorbitación con dous averiados. Mellora da redundancia mediante o uso de dous subsistemas de propelente independentes. Uso do sistema de navegación por satélite ASN-K capaz de utilizar os sinais do sistema GLONASS e GPS para navegación autónoma e para a localización da cápsula despois da aterraxe. Sistema de comunicacións e telemetría integrado capaz de usar os satélites Luch, TDRS e EDRS para comunicarse coas estacións terrestres. Sistema de acoplamento automático Kurs-NA. Motor eléctrico de apoio no sistema de acoplamento. Televisión dixital. Sistema de iluminación exterior baseado en LEDs. Un sistema de rexistro de voo para gravar voz e datos durante a misión.
Voos
Número Data Centro de lanzamento Misión Resultado Notas 1 7 de xullo de 2016 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-01 Éxito Primeiro voo dunha nave Soiuz MS. 2 19 de outubro de 2016 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-02 Éxito 3 17 de novembro de 2016 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-03 Éxito 4 20 de abril de 2017 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-04 Éxito 5 28 de xullo de 2017 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-05 Éxito 6 12 de setembro de 2017 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-06 Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz