Tomás López de Vargas Machuca, nado en Madrid en 1730 e finado na mesma cidade en 1802, foi un xeógrafo e cartógrafo español do período ilustrado que escribiu entre outras os Principios Geográficos aplicados al uso de mapas en 1775, e a Cosmografía abreviada. Uso del globo celeste y terrestre, en 1784.

Traxectoria Fillo de pais toledanos iniciou os seus estudos no Colexio Imperial da capital española, onde aprendeu matemáticas, gramática e retórica. No ano 1752 acudiu a proseguir coa súa formación en París, mercé ao mecenado do marqués da Ensenada.Del Bosque, Isabel & Isabel Fernández «Fondos de la BTNT(III). Mapas de Tomás López en la biblioteca Tomás Navarro Tomás.» Biblioteca Tomás Navarro Tomás. Consultado o 8 de xullo de 2017. A París acompañáronlle, entre outros, Juan de la Cruz Cano y Olmedilla, Manuel Salvador Carmona e Alonso Cruzado. Nesta etapa parisiense, que durou até 1760, tivo por mestre ao gran xeógrafo Juan Bautista Bourguignon d’Anville e alí coñeceu e casou con María Luisa Gosseaumé y Doré. miniatura|Mapa do Reino de Galicia de 1784. De novo en España, recibiu o título de geógrafo de los dominios de Su Magestad e foi colocado ao mando do novo Gabinete de Xeografía creado polo monarca Carlos III. O principal proxecto no que traballou foi o levantamento de mapas das rexións de España, entre elas os Reinos de Córdoba, Granada, Xaén e Sevilla.

En 1795, propuxo a Godoy a creación do Gabinete Xeográfico para recoller toda a cartografía de España existente. O primeiro ministro tamén lle encarga realizar ese ano o Atlas geográfico de España, obra terminada e publicada polos seus fillos, en 1804, un ano despois do seu falecemento. Este Atlas, «a pesar da súa inexactitude, debido á imprecisión dos métodos utilizados... constituirá a obra cartográfica nacional máis importante —e a mellor existente— até a aparición do Atlas de España e as súas posesións de ultramar (1856) do cartógrafo español Francisco Coello».

Recoñecementos López gozou dun importante recoñecemento en vida e así, en 1764, pasou a formar parte da Real Academia de San Fernando, mentres que en 1773 entrou como membro da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País e na Academia de Bellas Letras de Sevilla. Finalmente, en 1776 entrou a formar parte tanto da Real Academia da Historia como da Real Sociedade Asturiana de Amigos do País.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Finados en 1802 Categoría:Nados en 1730 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Xeógrafos de Galicia