Muumipeikko ja pyrstötähti (traducible ao galego como Moomin e o Cometa) é un ballet do compositor finlandés Panu Aaltio e coreografía de Anandah Kononen. Está baseado na historia homónima escrita por Tove Jansson e publicada en 1946. A súa estrea tivo lugar na Ópera Nacional de Finlandia na primavera de 2015, con varias representacións en marzo no Almi Hall da Ópera de Finlandia e dúas representacións máis no auditorio principal.
Historia Muumipeikko ja pyrstötähti foi estreada na Ópera Nacional de Finlandia na primavera de 2015, recibindo unha boa acollida na súa primeira tempada, tendo que realizar representacións adicionais nas que se venderon todas as entradas.
En 2017, a Ópera Nacional de Finlandia volveu programar o ballet sobre a historia de Tove Jansson como parte do seu programa para o centenario da independencia de Finlandia.
Personaxes Personaxe IntérpretesMumintrollet Jani Talo / Florian Modan O Cometa Mai Komori / Daria MakhateliSniff Ilja Bolotov / Asla JääskeläinenSnusmumriken Stanislav Beljajevski / Evaldas Bielinis Snorkfröken Tiina Myllymäki / Maria BaranovaMuminmamman Riina-Kaisa Huovila / Riina LaurilaMuminpappan Wilfried Jacobs / Sergei PopovLagarto Petia Ilieva / Eun-Ji Ha
Argumento Unha forte choiva cae en Mumindalen que torna o ambiente gris. Mumintrollet e Sniff diríxense ao observatorio para descubrir que é o que está a causar eses fenómenos naturais, cando se encontran con Snusmumriken, quen lles fala do cometa. Os tres viven moitas aventuras e coñecen a novos amigos. Snusmumriken fálalle a Mumintrollet de Snorkfröken e este soña con ela.
Cando chegan ao observatorio ven que o cometa colidirá contra a Terra en poucos días e deciden regresar a Mumindalen, logo de atopar a Snorkfröken, que foi atrapada por unha planta. Mumintrollet rescátaa e pídelle que vaia con el a Mumindalen. Os viaxeiros son invitados a un baile, mais descobren que todos os cursos de auga secaron e que as lagostas están a comer todo ao seu paso.
De volta en Mumindalen, a familia agóchase do cometa nunha cova. Logo de que o cometa pase sen chegar a tocar a Terra por pouco, a auga volta ao mar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Trailer do ballet en YouTube
Categoría:Ballets