Monarch Airlines, tamén coñecida sinxelamente como Monarch, foi unha aeroliña de baixo custo británica baseada no aeroporto de Londres-Luton. Opera voos regulares a destinos no Mediterráneo, Illas Canarias, Chipre, Exipto, Grecia e Turquía. Tamén tiña bases nos aeroportos de Birmingham, Leeds/Bradford, Londres-Gatwick e Manchester.

Monarch Airlines transportou a 5,7 millóns de pasaxeiros no ano 2015, un descenso do 19% con respecto a 2014. No ano 2018 Monarch tería que recibir o primeiro dos seus 45 novos avións Boeing 737 MAX-8. Estes aparellos terían que substituír a súa frota de Airbus A320 e A321.

Un ano despois de que comezaran a xeralizarse os rumores dunha posible desaparición da aeroliña, Monarch entrou en concurso de acredores o 2 de outubro de 2017, cesando todas as operacións inmediatamente.

Frota En agosto de 2017 a frota de Monarch estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Monarch AirlinesAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasAirbus A320-2009—174Serán substituídos polo Boeing 737 MAX.Airbus A321-20025—214Serán substituídos polo Boeing 737 MAX.Boeing 737-8001—186Alugado por Pegasus Airlines.Boeing 737 MAX 8—45TBAEntregas a partir de 2018Total3545

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas do Reino Unido