miniatura|Escudo de armas do príncipe Carlos Filipe Carlos Filipe Edmundo Bertil, nado en Estocolmo o 13 de maio de 1979, é príncipe de Suecia e duque de Värmland. Fillo do rei Carlos XVI Gustavo e a raíña Silvia. Desde o 13 de xuño de 2015 está casado coa princesa Sofía. A parella ten dous fillos, o príncipe Alexandre, duque de Södermanland, nado en 2016 e o príncipe Gabriel, duque de Dalarna, nado en 2017.
Traxectoria O príncipe Carlos Filipe naceu príncipe herdeiro, pero por mor dunha emenda constitucional, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1980, perdeu o primeiro lugar na liña de sucesión á coroa. En 2017 era o cuarto na liña de sucesión, despois da súa irmá máis vella, a princesa herdeira Vitoria e os seus fillos, a princesa Estela e o príncipe Óscar.
Naceu no palacio real e recibiu o bautizo na Igrexa do palacio o 31 de agosto de 1979. Os padriños foron o irmán do seu avó, o príncipe Bertil, a prima do seu pai, a raíña Margarida II de Dinamarca, a súa tía a princesa Birgitta e príncipe Leopoldo de Baviera.
O nome Carlos Filipe vénlle polo príncipe Carlos Filipe, o fillo máis novo de Carlos IX. Edmundo era o nome familiar do príncipe Gustavo Adolfo, e Bertil dun dos seus padriños.
Educación No curso escolar 1984–1986 realizou o preescolar na parroquia de Västerled. A partir do outono de 1986 cursou primaria na Smedslättsskolan en Bromma e o nivel intermedio na Ålstensskolan tamén en Bromma, en outono de 1992 empezou secundaria no Enskilda Gymnasiet de Estocolmo, e en 1994 matriculouse nunha escola privada en Connecticut durante dous anos, e posteriormente foi por ciencias na Lundbergskola en Värmland ata 1999.
Carl Philip rematou 2006 con dous anos de formación nunha escola de deseño gráfico e publicidade. Na primavera de 2009 comezou a estudar agronomía, tecnoloxía e ciencia forestal na Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas en Alnarp logrando o título de grao en 2011.
Carreira militar Carlos Filipe é oficial na reserva no Corpo Anfibio. Realizou o o servizo militar no rexemento anfibio de Vaxholm (Amf 1) seguido de dous anos de formación para oficial. Graduouse como subtenente (fänrik) en 2002 e ascendeu a tenente (löjtnant) en 2004. En decembro de 2007 promoveu a capitán, despois dunha formación personalizada. Durante 2012 serviu no continxente sueco en Afganistán. O 1 de outubro de 2014 ascendeu a maior.
Actividades deportivas Carlos Filipe participou no scoutismo e sentiu interese polas actividades deportivas, en 2003 completou a Vasaloppet, unha longa carreira de esquí de fondo. Competiu no Campionato de Escandinavia de Turismos de 2013 en STCC co equipo Volvo Polestar Racing. E foi o campión do Porsche GT3 Endurance Scandinavia en 2010.Porsche GT3 Endurance Scandinavia 2010 - driverdb.com
Notas
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nobres de Suecia