miniatura|230px|Escudo do arcebispado de Zaragoza. Xoán de Aragón, nado en Zaragoza contra 1492 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1530, foi un relixioso español, que foi arcebispo de Zaragoza desde 1520 até 1530.
Coñécese tamén como Xoán II de Aragón, xa que na arquidiocese cesaragustana houbo outro arcebispo anterior co mesmo nome, Xoán I de Aragón,Archidiócesis de Zaragoza. docesis-episcopologio . fillo ilexítimo de Xoán II de Aragón e duna dama da familia Avellaneda, que pontificou entre 1458 e 1475.Aragón, Juan de (1429-1475) en mcnbiografias.com
Traxectoria Era fillo de Afonso de Aragón (1470-1520), fillo natural de Fernando o Católico, que foi arcebispo de Valencia e de Zaragoza, e vicerrei do Reino de Aragón e, por tanto, neto daquel rei.Morales Roca, Francisco Javier (1999): Prelados, abades mitrados, dignidades capitulares y caballeros de las Órdenes Militares habilitados por el brazo eclesiástico en las Cortes del Principado de Cataluña. Dinastías de Trastámara y de Austria. Siglos XV y XVI (1410-1599). Tomo I. Madrid: Hidalguía. ISBN 84-8085-115-8, páx. 89.
Xoán foi secretario do seu avó, o rei Católico, na última parte do reinado deste, entre 1510 e 1516.
En 1520, o rei Carlos I presentouno ao papa León X para que fose promovido ao arcebispado de Zaragoza, vacante tras a morte de seu pai Afonso, a pesar de que, tal como ocorrera no caso paterno, Xoán de Aragón só tomara as ordes de diácono. Despois da pertinente autorización do papa, tomou posesión da dignidade arcebispal o 10 de xuño dese mesmo ano.
Na Corte arcebispal de Zaragoza, e baixo a protección de Xoán de Aragón, comezou a súa carreira eclesiástica e cortesá o seu sobriño, o futuro San Francisco de Borja.
O 23 de marzo de 1523 chegou de visita a Zaragoza o papa Hadrián VI, que permaneceu varios día aloxado no Palacio da Aljafería, e o arcebispo Xoán de Aragón agasallouno e organizou fastuosas festas durante a estancia do papa na capital aragonesa.
A morte sorprendeuno en Madrid, onde se encontraba esperando instrucións do emperador, de quen foi un leal colaborador en materia de goberno e de relixión.
O seu cadáver foi trasladado a Zaragoza, ao Mosteiro de Santa Engracia, para ser traladado e sepultado despois no presbiterio, diante do altar maior, da catedral de Zaragoza.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Latassa, Félix e Gómez Uriel, Miguel (1884): [http://www.derechoaragones.es/i18n/consulta/registro.cmd?id=600093 Bibliotecas antigua y nueva de escritores aragoneses de Latassa aumentadas y refundidas en forma de Diccionario Bibliogáfico-Biográfico. Tomo I]. Zaragoza: Imprenta de Calisto Ariño. Pax. 119 Sebastián Lozano, Jorge (2011): "Francisco de Borja, de criado a maestro espiritual de las mujeres Habsburgo". En: San Francisco de Borja, Grande de España, Arte y espiritualidad en la cultura de los siglos XVI y XVII''. ISBN 978-84-92542-35-2.
Outros artigos Afonso de Aragón (arcebispo de Zaragoza)
Ligazóns externas Arcebispos de Zaragoza na Gran Enciclopedia Aragonesa .
Categoría:Casa de Trastámara Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados en 1530