Un lugar de interese xeolóxico (LIX) é unha zona xeolóxica única ou de interese científico ou divulgativo catalogada para a súa promoción e protección no estado español. Estes lugares xeolóxicos decláranse pola presenza de estruturas xeolóxicas, de formas do terreo e elementos da súa modelaxe, de tipos de solo, de rochas ou dunha composición mineral, de fósiles ou meteoritos presentes, entre outros, e que son de interese para entender as orixes e evolución das formación xeolóxicas, da vida e do planeta.
A declaración destas zonas está amparada pola lei 42/2007 española e actualízase no catálogo de lugares de interese xeolóxico, que é un traballo de colaboración entre o estado, as comunidades autónomas e entidades científicas. En 2017 só Andalucía, Aragón, Cataluña, e Euskadi contaban con inventarios propios e oficiais. Nas demais comunidades é o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME) quen mantén o rexistro de lugares de interese xeolóxico actualizado, en colaboración con organismos científicos. O IXME cataloga estes lugares indicando se é un proxecto cartográfico propio, das autonomías ou para o proxecto internacional Geosites.
O número de LIX en España en 2015 foi de 2787, entre os cales estaban 276 unidades declaradas como Global Geosites. En Galicia hai 62 LIX, dos cales 16 son geosites.
Lugares de interese xeolóxico de Galicia Geosites Galicia tiña en 2011 16 espazos de interese xeolóxico de relevancia internacional, ou geosites:
miniatura|200px|dereita|Dobra de Campodola-Leixazos, no concello de Quiroga na Serra do Courel. Os dobramentos tumbados da Serra do Courel: 5 LIXs tectónicos no manto de Mondoñedo da oroxénese varisca ibérica formados no carbonífero inferior. Altos da serra do Courel, en Folgoso, Folgoso do Courel. Altos da serra do Courel, en Campodola, Quiroga. Altos da serra do Courel, en Froxán, Folgoso do Courel. Altos da serra do Courel, en Vilamor, Folgoso do Courel. Altos da serra do Courel, en Busto, Alto da Serra e Alto do Castro, na Pobra do Brollón.
miniatura|200px|dereita|Praia de Augas Santas, Ribadeo. A zona de cizalla basal do manto de Mondoñedo: 5 LIXs tectónicos do dominio do manto de Mondoñedo da oroxénese varisca ibérica, na zona asturoccidental-leonesa formados entre o Carbonífero inferior e o medio. Costa da provincia de Lugo en Foz, Foz. Costa da provincia de Lugo entre Fazouro e Nois. Costa da provincia de Lugo entre Foz e Burela (Cangas). Costa da provincia de Lugo entre Foz e Burela (Praia de Areoura). Costa da provincia de Lugo en Burela, Burela.
miniatura|200px|dereita|Cabo Ortegal, Cariño. O complexo do Cabo Ortegal: 5 LIXs tectónicos do complexo de Cabo Ortegal, asociados á oroxénese varisca ibérica formados no Ordovícico-Silúrico. Cantís e macizo montañoso entre as Brancas e Punta Ardillosa, Cedeira. Cantís e macizo montañoso en Punta Candelaria, Cedeira. Cantís e macizo montañoso en Santo André de Teixido, Cedeira. Cantís e macizo montañoso en Punta Aguilóns, en Cabo Ortegal, Cariño. Cantís e macizo montañoso da serra da Capelada entre Figueiroa e Espasante, Cariño.
miniatura|200px|dereita|Fervenzas do Ézaro, Ézaro, Dumbría. A fervenza do Ézaro: é o tecido xeomorfolóxico dunha rede fluvial, de rañas e relevos do macizo Ibérico, formado no Cenozoico e posiblemente ata o Cuaternario. Atópase entre Dumbría, Carnota e Mazaricos.
Notas
Categoría:Xeoparques