Tales of the Unknown: Volume I, máis coñecido polo seu subtítulo The Bard's Tale, é un videoxogo de fantasía e rol creado por Interplay Productions en 1985 e distribuído por Electronic Arts. Foi deseñado e programado por Michael Cranford.

Vagamente baseado no xogo Dungeons & Dragons e inspirado polos xogos de computador Wizardry, The Bard's Tale foi un xogo salientable no seu tempo polos seus gráficos 3D sen precedentes e polos retratos dos personaxes parcialmente animados. O Bardo tamén foi unha innovación: "O Bardo foi a contribución do autor Michael Cranford ó xénero, unha personaxe que lanza feitizos cantando algún dos seis tons."

Foi lanzado orixinalmente para Apple II, e despois foi adaptado para Commodore 64, Apple IIgs, ZX Spectrum, Amstrad CPC, Amiga, Atari ST, MS-DOS, Macintosh, e NES.

Notas

Categoría:Videoxogos de 1985 Categoría:Videoxogos de Amiga Categoría:Videoxogos de Amstrad CPC Categoría:Videoxogos de Apple II Categoría:Videoxogos de Atari ST Categoría:Videoxogos de Commodore 64 Categoría:Videoxogos de DOS Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos de Mac Categoría:Videoxogos de NEC PC-9801 Categoría:Videoxogos de Nintendo Entertainment System Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de ZX Spectrum