GCiencia é un periódico de divulgación científica en lingua galega fundado en 2013 polos xornalistas Pablo López e Eduardo Rolland, que se atopa entre os medios dixitais máis seguidos de Galicia. O seu obxectivo consiste en dar a coñecer as novidades e avances no mundo da ciencia, especialmente en Galicia, con contidos que se estenden á tecnoloxía, a saúde, as universidades, a historia e o pensamento.
A lingua galega é o idioma preferente da gran maioría dos seus contidos xornalísticos, principalmente escritos, pero tamén audiovisuais, en streaming ou formato podcast. GCiencia exerce ademais como un axente de divulgación a través doutras actividades como a convocatoria de premios, a organización de obradoiros, ciclos de conferencias, edición de revistas en papel e exposición, entre outras.
Conta cunha comunidade de máis de 100.000 seguidores en redes sociais, 71.000 deles en Facebook, o que o converte no terceiro medio con maior alcance en Galicia nesta rede social, incluídos os xeneralistas.
Premios
Premio Iprox 2013, concedido polo Colexio de Xornalistas de Galicia. Premio de Xornalismo Dixital de Galicia 2015. Premio Galicia de Xornalismo Científico 2017. Premio Prismas 2019. Premio Rosalía de Castro de Lingua 2019 Premio da Crítica Galicia 2020 na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas. Finalista do Premio do Público da feira Culturgal 2020. XXVII Premio Lois Peña Novo 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Revistas galegas Categoría:Ciencia