Castro é un lugar da parroquia de Castro, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 o lugar contaba con 151 habitantes, 80 mulleres e 71 homes.
Foi a capital do concello de Carballedo até o día 24 de decembro de 1992, momento no que pasa a estar no lugar da Barrela.
Toponimia O topónimo deriva do latín , fortaleza.
Patrimonio A Igrexa parroquial de San Cristovo de Castro, situada en Castro, data da segunda metade do século XIX..
As feiras en Castro celébranse o 17 e o 29 de todos os meses. En 2017 a xente achégase a comer o polbo e a carne, antes facíase unha boa feira de gando. Ao estar o xulgado do concello en Castro durante boa parte do século XX a xente aproveitaba o día da feira para inscribir os nenos e nenas que acababan de nacer; esa é a razón de que en Carballedo haxa moita xente que naceu oficialmente os 15/16 e 27/28 de cada mes.
Dise que Castro é o mellor lugar para comer a carne ó caldeiro, que se serve os días de feira en varios establecementos. Cada 3º domingo de abril celébrase na localidade a Festa da carne ó caldeiro .
En Castro naceu en 1969 Pablo Carpintero Arias.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Castro
Parroquias de Carballedo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía