Lenovo Group Ltd. ou Lenovo PC International, tamén acurtado como Lenovo (en , pinyin: Liánxiǎng jítuán); anteriormente estilizado como lenovo) é unha multinacional chinesa de tecnoloxía con sedes en Beijing, e en Morrisville, Carolina do Norte. Deseña, desenvolve, manufactura e vende ordenadores persoais, tabletas, teléfonos intelixentes, estacións de traballo, servidores, dispositivos de almacenamento de datos, software IT e televisións intelixentes. Dende 2013, Lenovo é o meirande vendedor de ordenadores persoais en unidades vendidas. Comercializa a liña dos computadores ThinkPad, os portátiles IdeaPad e Yoga e a liña de ordenadores de escritorio IdeaCentre e ThinkCentre.

Notas

Categoría:Empresas de hardware Categoría:Empresas da China