Igrexa vella de Delft (en ) é o nome como se coñece a antiga igrexa gótica dos Países Baixos do século XIII situada no centro da cidade de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, construído ao pé da canle Oude Delft, foi declarado monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)
Orixinalmente denominouse igrexa de Santo Hipólito e posteriormente pasou a coñecerse como igrexa de San Bertomeu, a partir de mediados do século XIII, para conmemorar o nome do santo patrón do seu fundador, Bartholomeus van der Made.
Historia
Idade Media Habitualmente dáse o ano 1246 como o de nacemento da igrexa, aínda que a súa historia é máis antiga. Algúns séculos antes de que o conde Guillerme II lle concedese a Delft os dereitos de cidade, os habitantes do núcleo rural xa asistían á misa no mesmo lugar. Asúmese xeralmente que arredor do ano 1050 existía alí unha igrexa de madeira.Notas sobre a xénese da igrexa vella . En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
Bartholomeus van der Made emprendeu a mediados do século XIII a primeira reforma e a ampliación da igrexa parroquial, de xeito que á igrexa orixinal se lle engadiron dúas naves de cruceiro. Nos anos seguintes houbo catro novas fases da reconstrución. Durante unha delas (1325-1350) engadíuselle a torre gótica e ergueuse a agulla de ladrillo e as catro torres angulares.
A súa torre, que se pode divisar desde case toda a cidade, ten unha altura de 75 metros e unha inclinación de arredor de dous metros, e alberga a segunda campá máis pesada dos Países Baixos, con 9 toneladas.
Idade Moderna miniatura|esquerda|Vista xeral da igrexa vella desde a parte superior da igrexa nova Na primeira metade do século XV renovouse completamente a nave central e a igrexa adoptou a aparencia e as características dunha basílica, xa que a nave central se elevou sobre as laterais. E á súa vez, as naves laterais prolongáronse ata a parte dianteira da torre. No transcurso do século XV ampliouse o edificio con diversas capelas e portais. O portal da fachada norte, que se transformou nunha capela, e o portal da torre son mostras destas modificacións.
A última renovación radical da igrexa tivo lugar a comezos do século XVI. O plan consistiu en transformar o edificio nunha basílica cruciforme de pedra natural. Para poder realizar este proxecto pediuse a colaboración de Anthonis Keldermans, descendente dunha famosa familia flamenga de arquitectos e escultores. En moitas cidades flamengas, zelandeses e holandeses pódense atopar mostras do gótico de varias xeracións de Keldermans.Información sobre as ampliacións da igrexa . En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
Idade Contemporánea As vidreiras actuais foron elaboradas en 1972 polo artista da pintura sobre vidro Joep Nicolas.
Personaxes soterrados na Igrexa Vella Numerosas lápidas forman parte hoxe da pavimentación da igrexa. Entre as figuras senlleiras que alí descansan pódense salientar as seguintes:"Preminent people ". Retratos e notas biográficas dos personaxes soterrados na igrexa. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán) Clara van Spaerwoude (ca. 1530-1615), nobre holandesa nada en Delft. Abraham Gorlaeus (ca. 1549-1608), anticuario de orixe flamenga. Piet Pieterszoon Hein (1577-1629), almirante das Provincias Unidas. Johannes Stalpaert van der Wiele (1579-1630), presbítero e poeta holandés. Marteen Tromp (1598-1653), almirante holandés. Pieter Jansz. van Asch (1603-1678), pintor e ilustrador holandés nado en Delft. Hendrick Cornelisz. van Vliet (1611-1675), pintor holandés nado en Delft. Anthonie Heinsius (1641-1720), político holandés nado en Delft. Regnier de Graaf (1641-1673), físico e anatomista francés. Johannes Vermeer (ca. 1632-1675), pintor holandés nado en Delft. Antoni van Leeuwenhoek (1632-1723), comerciante e científico nado en Delft.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delft Igrexa nova de Delft Capela de Santo Hipólito (Delft) María de Xesé
Ligazóns externas Sitio web oficial da Oude Kerk
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Arquitectura gótica Categoría:Igrexas protestantes dos Países Baixos Categoría:Rijksmonument