O aeroporto internacional de Chania, "Daskalogiannis" (IATA: CHQ, ICAO: LGSA) é un aeroporto internacional situado na illa de Creta en Grecia. Serve á cidade de Chania, que se atopa a 14 km das súas instalacións, e ademais é unha porta de entrada ao oeste de Creta para un crecente número de turistas. O aeroporto foi bautizado co nome Daskalogiannis, na honra dun rebelde cretense dó século XVIII contra o goberno otomán. É o quinto aeroporto máis concorrido de Grecia en termos de tráfico de pasaxeiros. Dende o ano 2010 ata o 2016 tivo un grande incremento no número de pasaxeiros, de ao redor do 100%. O aeroporto está conectado cuns 30 países de Europa e Asia, especialmente durante a estación do verán, e ten voos cara Grecia e Chipre durante todo o ano. No ano 2016 pasaron polo aeroporto de Chania un total de 3 010 509 pasaxeiros.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Chania