O aeroporto de Cagliari-Elmas (IATA: CAG, ICAO: LIEE) é un aeroporto internacional situado en terreos do municipio de Elmas, a uns 7 km da cidade de Cagliari, na illa italiana de Sardeña.

O aeroporto inaugurouse o 3 de maio de 1937. No ano 2003 foi mellorado e a súa terminal medrou, proporcionándolle seis pasarelas de embarque, cunha capacidade de 4 millóns de pasaxeiros por ano. No ano 2014 pasaron polas súas instalacións uns total de 3 639 627 pasaxeiros.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Cagliari