Acontecementos

3 de xaneiro: Urraca doa a Xelmírez o mosteiro de San Salvador de Camanzo, diversas igrexas e outros bens pertencentes á coroa antes de regresar a GalizaLópez Ferreiro 1900. pp. 409-410. Agosto: Xelmírez obten unha dispensa papal pola cal non ten que acudir aos concilios convocados polo arcebispo de ToledoHistoria Compostelá. Libro I. Cap. CV. 26 de novembro: Urraca fai unha nova doazón a Xelmírez e á igrexa ComposteláLópez Ferreiro 1900. pp. 413-415.

Galiza Piratas almorábides, ás ordes de Alí-ben- Mensón, asentados nas illas costeiras de Galiza, efectúan incursións contra o litoral, devastando, especialmente, as comarcas do Salnés e O Morrazo.

Europa Pedro Abelardo convértese en cóengo da Catedral de Notre-Dame de París. San Bernaldo funda o mosteiro de Claraval ou Clairvaux en Champaña. Saqueo de Mallorca por unha escuadra pisano-catalá a mando de Ramón Berenguer III. Fundación da República de Vicenza, Italia (durará até 1311).

Asia Comeza a reinar na China a dinastía Chin.

Nacementos Berenguer Raimundo I, Conde da Provenza († 1144).

Mortes Olaf Magnusson, rei de Noruega (n. 1099) Yves de Chartres, canonista (n. 1040).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Historia Compostelá. Edición de Emma Falque Rey. 1994. Editorial AKAL. ISBN 84-460-0417-8 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela. Seminario conciliar central. Volume 3.

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1115