Riazón é un lugar da parroquia de Veascós, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado, o que supón unha diminución con respecto a 2018, cando tiña 1 habitante.
Toponimia O topónimo pode ser un diminutivo de río.
Patrimonio A reitoral-priorado de Riazón. O Padre Sarmiento na súa viaxe por Galicia detense neste priorado e recolle algúns datos como que a este priorado beneditino lle pagaban renda os lugares de Bacelares, Lama, Carcacía e Oleiros. É un edificio de principios do século XVIII, con patio, solaina e portas con inscricións. Aparece a data de construción de 1710.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Veascós
Parroquias de Carballedo
Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Despoboados da provincia de Lugo