Blue Air é unha aeroliña baseada en Bucarest, cos seus principais centros de conexión no aeroporto de Bucarest-Henri Coandă e no aeroporto de Turín. Dende o ano 2016 converteuse na maior aeroliña romanesa en pasaxeiros transportados. Ese ano voaron coa compañía 3,6 millóns de pasaxeiros, cun significativo incremento en relación aos 2 millóns do ano anterior. En maio de 2017 Blue Air voaba a 70 destinos. A pesar de operar como unha aeroliña de baixo custo, a compañía introduciu bocadillos e bebidas gratis nos voos curtos, e comida quente, aperitivos e bebidas nos voos longos. Este é un feito nada habitual nunha aeroliña de baixo custo, máis aínda cando en aeroliñas tradicionais de "servizo completo" como British Airways se retiraron as comidas, aperitivos e bebidas gratis en 2017.

Frota miniatura|250px|Boeing 737-800 de Blue Air aterrando no aeroporto de Lisboa En xuño de 2017 a frota de Blue Air estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Blue AirAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasBoeing 737-3001—141 Van ser retirados1148Boeing 737-4009—150162166168170Boeing 737-5006—120126Boeing 737-7001—144Boeing 737-80011 6189Entregas ata finais de 2017Boeing 737 MAX 8—12TBAEntregas entre 2019 e 2021Total2918

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Romanía