miniatura|Vista de Delft (1652), de Carel Fabritius miniatura|A leiteira (c. 1657-58), de Johannes Vermeer A Escola de Delft é unha tendencia da pintura barroca dos Países Baixos vixente no século XVII e desenvolvida por diferentes artistas heteroxéneos que traballaronn na cidade de Delft, na Holanda Meridional, entre 1650 e 1670, caracterizada pola representación de escenas cotiás desa cidade: imaxes da vida doméstica, vistas das casas, interiores de igrexas, patios, prazas e rúas.
Carel Fabritius e Nicolaes Maes son considerados como os artistas orixinadores desta tendencia, seguidos por outros pintores, entre os que cómpre salientar a Johannes Vermeer. Os interiores arquitectónicos de Gerard Houckgeest, Emanuel de Witte e Hendrick Cornelisz. van Vliet tamén supoñen notables contribucións.
Ademais dos xéneros máis asociados aos pintores de Delft, os artistas da cidade continuaron a producir pinturas de natureza morta e de historia, retratos e pezas de arte decorativa que reflicten as tendencias máis xerais da arte holandesa dese período.
Véxase tamén Bibliografía Liedke, Walter A. Vermeer and the Delft School. Metropolitan Museum of Art. 2001. [ISBN 978-0-87099-973-4]
Ligazóns externas The School of Delft Exposición "Vermeer and the Delft School".
Categoría:Delft Categoría:Historia da arte Categoría:Movementos artísticos Categoría:Pintores dos Países Baixos Categoría:Barroco