Harvey Weinstein, nado en Nova York o 19 de marzo de 1952, é un produtor de cine estadounidense e antigo exectivo de estudio de cine. El e o seu irmán Bob Weinstein cofundaron Miramax, que produciu numerosos filmes independentes populares como Pulp Fiction, Clerks, The Crying Game e Sex, Lies, and Videotape. Harvey gañou un Premio Oscar por producir Shakespeare in Love, e gañou sete Premios Tony por producir varias obras e musicais, incluíndo The Producers, Billy Elliot the Musical e August: Osage County.
Weinstein e o seu irmán foron os presidentes de The Weinstein Company dende 2005 até 2017. En outubro de 2017, despois das numerosas alegacións de acoso sexual, asalto e violación que saíron á luz na súa contra, Harvey Weinstein foi despedido pola xunta directiva da súa compañía, e expulsado da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América