Piero della Francesca, nado en Sansepolcro en 1415 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1492, foi un pintor italiano do Quattrocento. Igual que os grandes mestres do seu tempo, Piero destacou sempre pola creatividade en relación ao pasado medieval, presentando técnicas e temáticas innovadoras como o uso da tea e da pintura ó óleo, o retrato, a representación da natureza, o nu, e, especialmente, a perspectiva e a creación do volume. No século XV, Piero della Francesca, desenvolveu unha pintura persoal e solemne, mesturando formas xeométricas e cores intensas. A súa pintura diferénciase pola utilización da xeometría espacial e abstracción.
Traxectoria Coñécese pouco sobre a biografía do artista.Lankowski, cit., páx. 6 Naceu en Borgo Santo Sepolcro, na rexión da Toscana, fillo do riquísimo comerciante de tecidos Benedetto de' Franceschi, co nome de Pietro Franceschi e polo tanto pertencía a unha das máis distinguidas familias aristocráticas da historia da Toscana e de Italia. Co nome artístico de Piero della Francesca, Pietro posibelmente estudou cos artistas de Siena, onde viviu. En 1439, traballaba con Domencio Veneziano nos frescos para o hospital de Santa Maria Nuova, en Florencia. Tamén traballou en Rimini, Roma e Ferrara, onde a súa influencia se aprecia no traballo alegórico de Cosimo Tura. Entre os seus discípulos está Melozzo da Forlì.
En Arezzo, próximo á súa cidade natal, creou o políptico Misericordia (1462?) e o fresco Resurrección (1460?), onde empregou varias perspectivas. O conxunto de frescos realizados para a capela de San Francisco de Arezzo representan A Lenda da Verdadeira Cruz (1452-59) e son os máis representativos do seu traballo. A obra incompleta A Natividade encóntrase actualmente en Londres. É da súa autoría o díptico que retrata os duques de Urbino, Frederico de Montefeltro e a súa esposa, Battista Sforza. De feito, tal obra sería, no século XX, de importancia fundamental para a aparición do cubismo, pois foi obxecto de estudos por parte de Picasso, Braque e outros, en función da construción case xeométrica dos rostros retratados. Cando comezou a ficar cego, Piero pasou a dedicarse á matemática, escribindo o tratado De prospectiva pingendi.
Características O sentido poético da arte de Piero della Francesca exprésase no sentimento de intemporalidade transmitido pola harmonía dos tons claros e polo tratamento dado ás figuras, tratadas en volumes simples. O termo que mellor define a súa arte é "tranquilidade", o que non dispensa un tratamento técnico rigoroso. O estudo da perspectiva, especialmente, absorbeu o pintor, dedicando os últimos anos da súa vida a escribir tratados sobre matemática e perspectiva. A súa obra caracterízase por unha dignidade clásica, similar a Masaccio.
Obras O Bautismo de Cristo: utiliza a paisaxe da rexión da Umbria. Orixinalmente era o panel central dun gran tríptico. A Flaxelación: unha das súas máis famosas pinturas. Foi executada cando Piero visitou Urbino. Enténdese que Piero tamén era consciente das innovacións arquitectónicas da época. A Natividade: unha das últimas obras de Piero. A Resurrección de Cristo A Historia da Santa Cruz: forma parte dunha secuencia de frescos na igrexa de San Francesco, na cidade de Arezzo. Os frescos contan a historia da "Verdadeira Cruz", a madeira que foi usada na cruz de Cristo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Longhi, Roberto. 1949. "Piero della Francesca" Google books.pt
Ligazóns externas Piero della Francesca Sobre a esfera e o cilindro, Sobre as medidas do círculo, Sobre conoides e esferoides, Sobre espirais, Sobre o equilíbrio dos planos, Sobre a quadratura da parábola, O contador de areia
Categoría:Pintores de Italia Categoría:Nados na provincia de Arezzo Categoría:Nados en 1415 Categoría:Finados en 1492 Categoría:Pintores do século XV Categoría:Matemáticos de Italia