In Necuepaliztli in Aztlan (do náhuatl: Retorno a Aztlán) é un filme mexicano de ficción dirixido por Juan Mora Cattlet que se estreou en 1990. Está protagonizada por Rodrigo Puebla, Rafael Cortés, Amado Zumaya e Socorro Avelar. Foi a primeira longametraxe rodada en México en lingua náhuatl, subtitulado ó castelán para a súa proxección.Cineteca Nacional. Expediente 02592. México, CONACULTA, año, consultado en el Centro de Documentación e Investigación.

Sinopse No territorio gobernado por Moctezuma o Vello hai unha grave seca. O gobernante acepta, aconsellado polos sus achegados encabezados por Tlacaélel, ir na busca da deusa Coatlicue, co obxectivo de pedirlle axuda para evitar unha catástrofe. Un labrego, Ollin, participa na busca e atopa a Coatlicue, quen lle recrimina o abadono que sufriu polos mexicas, pero aínda así decide axudalos. Os conselleiros de Moctezuma o Vello, de todos xeitos, deciden asasinar a Ollin.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua náhuatl Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes ambientados no Imperio Azteca