dereita|miniatura|O mapa que mostra os maiores reinos do norte de Gran Bretaña no século VIII. Northumbria estaba formada polos reinos antigos de Bernicia e Deira. Æthelwald Moll foi rei de Northumbria, reino histórico dos anglos na Inglaterra medieval, entre 759 e 765.

Traxectoria Ascendeu ao poder tras o asasinato de Oswulf fillo de Eadberht; a súa ascendencia e conexións coa familia real de Northumbria son descoñecidas. Æthelwald afrontou polo menos unha rebelión, dirixida por Oswine, quizais un irmán de Oswulf. En 765 un Witenagemot de notábeis de Northumbria depuxo a Æthelwald e substituíuno con Ealhred, parente do seu predecesor. Despois da súa expulsión do trono Æthelwald converteuse en monxe, quizais involuntariamente.

Æthelwald casou cunha tal Æthelthryth en 762 en Catterick segundo fai constar Simeón de Durham. Sábese que tivo polo menos un fillo, Æthelred, que chegaría a ser rei.

Orixes Æthelwald non aparece nas xenealoxías de reis de Northumbria, quizais porque non era descendente de Ida e os reis bernicianos. Descoñécese se descendía da dinastía deirana de Ælle, ou era sinxelamente un membro dunha familia nobre poderosaKirby, pp. 150–151; Yorke, p. 89..

Probabelmente poida ser identificado co patricio Moll, rexistrado no reinado de Eadberht, a quen Eadberht e o seu irmán Ecgberht, arcebispo de York concederon os mosteiros de Stonegrave, Coxwold, e Donaemuthe, todos no moderno Yorkshire. Estes pertencerían ao irmán de Moll, o Abade Forthred Moll en Prosopography of Anglo-saxon EnglandKirby, p. 150..

Reinado O 24 de xullo de 759, Oswulf foi asasinado por membros da súa propia casa. O rexicidio foi un delito "no que Æthelwald podía moi ben estar implicado"Así Williams, p. 51; ver tamén Kirby, pp. 98 & 150, que afirma que é "...moi probábel que estivese asociado cos responsábeis.. Æthelwald foi coroado rei de Northumbria o 5 de agosto de 759.

O seu reinado non foi sen oposición. O continuador da Historia ecclesiastica gentis Anglorum informa da morte dun certo Oswine en 761. A Crónica anglosaxoa e Simeón de Durham proporcionan máis detalles, lembrando que Oswine, foi asasinado loitando contra Æthelwald o 6 de agosto de 761 en Eildon HillKirby, p. 151, afirma que as orixes de Oswine son descoñecidas..

Æthelwald foi deposto o 30 de outubro de 765, aparentemente por un consello de nobres e prelados reunido en Pincanheale, un sitio importante utilizado para dous concilios eclesiásticos posteriores máis. Segundo os Anais irlandeses de Tigernach, Æthelwald foi tonsuradoSimeón de Durham, p. 448; Kirby, p. 151..

Sucedeuno o xenro de Eadberht, Ealhred.

Descendentes Consta un matrimonio de Æthelwald cunha tal Æthelthryth en 762 en Catterick por Simeón de DurhamSimeón de Durham, p. 448; Kirby, p. 150.. Sábese que tivo polo menos un fillo, Æthelred, que chegaría a ser rei posteriormente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

D.P. Kirby, The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman, 1991. John Marsden, Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992.

Ann Williams, Kingship and Government in Pre-Conquest England, c. 500–1066. Basingstoke: Macmillan, 1999. Barbara Yorke, Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990.

Categoría:Reis de Northumbria