O Delftse Hout (en galego: “Bosque de Delft") é un pequeno distrito do noroeste da vila de Delft, na Holanda Meridional, composto principalmente por unha lagoa, superficie boscosa e diversos espazos verdes, ademais dunha área residencial de arredor de 100 habitantes. A área natural é unha das precursoras da rede ecolóxica provincial dos Países Baixos.Delftse Hout no sitio web oficial do Concello de Delft. (En neerlandés) miniatura|esquerda|A zona boscosa á beira da lagoa de Delftse Hout A lagoa creouse nos anos 60 a partir da extracción de area para a construción de novas áreas residenciais nas proximidades. Arredor dela hai unha zona de lecer, unha granxa didáctica para nenos e un recinto para animais, ademais dunha praia e unha área de acampada.

Esta zona limita polo oeste coa autoestrada A13 (que vai da Haia a Rotterdam) entre as saídas 8 e 9, e polo leste coa veciña localidade de Dobbeplas, que pertence ao concello de Pijnacker-Nootdorp.

O 22 de novembro de 2006 tivo lugar un referendo acerca dun plan municipal para a ampliación da zona de acampada, que levaría aparellada a redución da área pública de recreo e a corta de 112 árbores protexidas, que serían substituídas por outras novas en cantidade semellante. O resultado do referendo foi o rexeitamento do plan.

Praia nudista A partir de 2013, o concello abriu unha praia para a práctica do nudismo, aínda que diversas sentenzas xudiciais impediron que esta consideración teña rango oficial. No entanto, a Federación Naturista dos Países Baixos segue a considerala como praia nudista.Información sobre Delftse Hout na web da Federación Naturista dos Países Baixos. (En neerlandés)

Accesibilidade Durante todo o ano, mesmo en horario nocturno, a liña 81 da compañía Veolia leva ata Delftse Hout, na parada do cruzamento de Korftlaan coa autoestrada A13. 

Ademais, o autobús 60 da mesma compañía ten unha parada na confluencia entre Tweemolentjeskade e Miereveltkade.

No verán, tamén está dispoñible a liña 80 de Veolia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delft Parque de Guillermina

Ligazóns externas Sitio web oficial de Delftse Hout (en neerlandés, inglés, francés e alemán) Sitio web oficial do Concello de Delft (en neerlandés e en inglés) Nudist beach Delftse Hout (en inglés, francés e alemán)

Categoría:Delft Categoría:Parques dos Países Baixos