Xurxo Acropolita (Γεῶργιος Ἀκροπολίτης), nado en 1217 e finado en 1288, foi un escritor, teólogo e historiador bizantino.

Traxectoria Escribiu gran número de estudos teolóxicos, vidas de santos, oracións fúnebres e unha Crónica, interesante a título de documento porque detalla a historia do imperio grego desde a Caída de Constantinopla en 1204 e a retirada a Nicea até o retorno do emperador á súa capital do Bósforo no ano 1261Crónica (Χρονικὴ συγγραφή, despois de 1261). * Texto grego en PDF. Sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Texto grego e latino en facsímile electrónico; tamén en PDF. Epítome; despois de 1282..

É autor dun epitafio a Xoán III Dukas Vatatzés, emperador bizantino durante a etapa de Nicea (1204 - 1261)Epitafio a Xoán Dukas (ἐπιτάφιος τῷ ἀοιδίμῳ βασιλεῖ κυρῷ Ἰωάννῃ τῷ Δούκᾳ; en latín, Epitaphius in Joannem Ducam). * Texto grego en PDF..

Notas

Véxase tamén Ligazóns internas Xurxo Acropolita no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).

Categoría:Historiadores bizantinos Categoría:Nados en 1217 Categoría:Finados en 1288 Categoría:Teólogos bizantinos Categoría:Nados en Istanbul