O Santuario de Nosa Señora do Esplendor (en italiano: Santuario della Madonna dello Splendore) é unha igrexa que se atopa en Giulianova, comuna de Italia localizada na provincia de Teramo.«Il 22 aprile a Giulianova: la Festa della Madonna dello Splendore.»

Situada na Diocese de Teramo-Atri, atópase a catro quilómetros do centro da cidade, na Strada Statale 16.

Historia Foi construído ao redor da Casa de María Inmaculada, onde os apuchinos recibiron a terra da familia Acquaviva. A igrexa está en forma de cruz latina e está decorada con grandes cadros realizados en 1954 por Alfonso Tentarelli segundo o proxecto do pai Juan Lerario. Na igrexa hai unha estatua de madeira do século XV de autor descoñecido, que representa a Virxe do Esplendor con Xesús meniño bendicindo. O 15 de agosto de 1914, foi colocada na cabeza da Virxe unha coroa de prata dourada, feita por artesáns da familia Migliori. Ao redor de 1950, a estatua foi rodeada de raios, como símbolo da luz divina e colocada nun pedazo de árbore para lembrar a oliveira na que apareceu en 1557.

A praza de recepción dos peregrinos está dominada por unha grande estatua de bronce de Cristo coa inscrición "EGO SUM VIA VERITAS ET VITA" (Eu son o camiño, a verdade e a vida).

Ao longo de Vía Bertolino, unha monumental Viacrucis en bronce foi erguida por Ubaldo Ferretti.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Abruzos Categoría:Santuarios de Italia