Ángel Ferrín Moreiras, nado no Pinto (Vilar de Ordelles, Esgos) e finado en Ourense o 30 de xaneiro de 1947, foi un mestre, xornalista e político galego.
Traxectoria En 1892 optou á praza de mestre de Manzaneda. Abriu a academia Colexio Modelo na rúa de Reza de Ourense en 1903 e cara a 1920 trasladouna á rúa do Alba (hoxe Cardeal Quiroga). Foi director de El Maestro Orensano. Foi nomeado membro da xestora municipal do concello de Ourense en novembro de 1935 como representante de Renovación Española.El Pueblo Gallego, 12-11-1935, p. 15. Foi membro da Adoración Nocturna. Finou en Ourense o 30 de xaneiro de 1947.
Vida persoal Casou con Felisa Nóvoa Fernández, que finou en 1929.La Zarpa, 24-8-1929, p. 5. A súa filla María Ferrín Nóvoa foi a nai de Xosé Luís Méndez Ferrín. (1989): X. L. Méndez Ferrín. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións. ISBN 9788478240209. Páx. 16 Amais foi tío da matemática e astrónoma Antonia Ferrín, filla do seu irmán Antonio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas As academias aurienses
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Nados en Esgos
Categoría:Nados no século XIX
Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes