A estación de tren de Delft Sur (en neerlandés: Station Delft Zuid) é unha estación de ferrocarril da vila surholandesa de Delft, nos Países Baixos, situada na liña entre A Haia e Rotterdam, que presta servizos ás poboacións dos distritos de Tanthof e Voorhof, no sur da cidade. Ten case 5.000 usuarios diarios.Datos de pasaxeiros (2013-2025). En Treinreiziger.nl .
A estación, inaugurada o 31 de maio de 1970, está debaixo do viaduto Kruithuisweg, desde o que se pode acceder ás plataformas mediante unhas escaleiras.
Historia e desenvolvemento miniatura|esquerda|O antigo edificio sextant da estación de Delft Sur O antigo edificio da estación tiña forma hexagonal, igual que outros moitos edificios de estacións dos Países Baixos entre os anos 1968 e 1979, coñecidos como de tipo "sextante". Logo de quedar en desuso en 2003, finalmente o edificio foi derrubado en 2006.
Entre 2009 e 2011 leváronse a cabo obras de acondicionamento de toda a contorna da estación, co obxectivo de mellorar a seguranza e os accesos, dotar de novos aparcadoiros para automóbiles e bicicletas e deixar prevista calquera operación posterior de desenvolvemento da zona. Ademais, engadiuse unha nova ruta de autobuses para comunicar a estación.
Na contorna da estación hai máis de 600 prazas de aparcadoiro de bicicletas, un medio de desprazamento moi habitual entre os holandeses. No lado leste, ampliouse o carril destinado a elas que vai da estación cara ao campus da Universidade de Tectoloxía de Delft, e instalouse unha nova iluminación pública. No lado oeste, pola súa parte, hai instalados postos para o alugamento destes vehículos.
Proxectos Houbo diversos plans para a mellora e a expansión da estación de Delft Sur e dos seus servizos, que non chegaron a ver a luz debido á crise económica. En 2016 presentouse un novo plan de ampliación, que previsiblemente dará comezo en 2023."Aproxímase o desdobramento entre Rijswijk e Delft Sur". En ProRail.nl .
Trens Conforme o calendario e os horarios de 2017, na estación de tren de Delft Sur operan os seguintes trens:Táboa de liñas e horarios . Servizo de proximidades (sprinter). Dous por hora: A Haia - Rotterdam - Dordrecht - Breda. Servizo de proximidades (sprinter). Dous por hora: A Haia - Rotterdam - Dordrecht - Roosendaal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delft Estación de tren de Delft
Ligazóns externas A estación de tren de Delft Sur en Stationweb.nl . Sitio web da compañía ferrovoiaria NS . Planificador de rutas do transporte público holandés (en neerlandés e en inglés)
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Estacións de tren dos Países Baixos