Aelle (ou Ælla), finado o 21 de marzo de 867, foi rei de Northumbria a mediados do século IX. Traxectoria As fontes sobre a historia de Northumbria neste período son limitadas. Hai poucos datos sobre Aelle e a datación do seu reinado é problemática. É un personaxe importante en Ragnarssona þáttr (O relato dos fillos de Ragnar).
Crónicas Aelle converteuse en rei despois de que Osberht fose deposto. Isto dátase tradicionalmente no 862 ou 863, pero pode ser tan tarde como 866Kirby, p. 196.. Case nada se sabe do reinado de Aelle. Simeón de Durham afirma que Aelle se apoderou das terras en Billingham, Ileclif, Wigeclif e Crece, que pertencían á igrexaSimeón de Durham, p. 654.. Mentres que Aelle é descrito na maioría das fontes como un tirano, e non un rei lexítimo, unha fonte afirma que era irmán de OsberhtKirby, p. 197.. O Grande exército pagán marchou sobre Northumbria a finais do verán de 866, apoderándose de York o 21 de novembro de 866Higham, pp. 178-179; ASC s.a. 867.. Simeón de Durham, a Crónica anglosaxoa, Asser, e Æthelweard contan substancialmente a mesma versión do feitos pero varían os detalles. Na Historia Regum de Simeón relátase unha batalla do 21 de marzo 867, onde Osberht e Aelle atoparon a morte a mans dos viquingosDatado por Simeón de Durham, p. 654..
Despois disto, os viquingos nomearon a Ecgberht para que gobernase NorthumbriaHigham, p.179.. Sagas Ragnarssona þáttr (A crónica dos fillos de Ragnar) engade unha gran cantidade de relatos interesantes da conquista viquinga de York. Asociado ao semi-lendario rei de Suecia Ragnar Lodbrok e os seus fillos, Hvitsärk, Björn Brazo de ferro, Sigurd Serpe no ollo, Ivar o Desosado, e Ubba. Segundo os relatos, Ragnar foi asasinado por Aelle, e o exército que tomou York no 866 foi dirixido polos fillos de Ragnar que vingaron a súa morte sometendo a Aelle á aguia de sangueWhitelock, p. 225ff.. Fontes inglesas temperás afirmaron que morreron tanto Aelle como Osberht en batalla, e as Crónicas anglosaxoas afirman que «ambos os reis foron asasinados no acto»ASC, s.a. 867..
A figura principal nos contos de vinganza é Ivar, que ás veces se asocia co líder viquingo Ímar, irmán de Amlaíb Conung, que se atopa nos anais irlandeses. Dorothy Whitelock sinala que «non é en absoluto seguro que deba ser identificado co fillo de Ragnar, o nome non é pouco común»Whitelock, p. 227.. A Crónica anglosaxoa non cita aos líderes en Northumbria, pero si declara uns anos despois que «Hingwar e Hubba» e o rei Eadmund de Anglia Oriental (San Edmundo) participaronASC, s.a. 870.. Hubba é nomeado como líder do exército en Northumbria por Abbo de Fleury, e pola Historia de Sancto Cuthberto. Simeón de Durham enumera aos líderes do exército viquingo como «Halfdene, Inguar, Hubba, Beicsecg, Guthrun, Oscytell, Amund, Sidroc, outro duque do mesmo nome, Osbern, Frana, e Harold»Simeón de Durham, p. 654. Whitelock, p. 227, discute os líderes do Grande Exército en varias fontes.. No cine Aelle foi interpretado por Frank Thring na película Os viquingos (1958)IMDb: The Vikings: http://www.imdb.com/title/tt0052365/, e por Ivan Kaye na serie dramática do History Channel Viquingos (2013)IMDb: Vikings: http://www.imdb.com/title/tt2306299/. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993.
Ligazóns externas The Tale of Ragnar's sons in translation by Tunstall at Northvegr.
Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Finados en 867