Alberte Pagán Vázquez, nado no Carballiño en 1965, é un cineasta e escritor galego. Foi profesor de lingua inglesa no IES Espiñeira de Boiro.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Xermánica e en Hispánicas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en cinema experimental, do que é teórico e investigador. En Londres frecuentou a London Filmmakers’ Cooperative. En 1999 publicou da man do Centro Galego de Arte Contemporánea Introdución aos clásicos do cinema experimental, a raíz dun ciclo do que foi comisario. Fixo a tradución ao galego dos dous primeiros capítulos de Finnegans Wake de James Joyce, novela sobre a que publicou o ensaio A voz do trevón.
A súa filmografía, de forte compoñente política, recolle o seu interese por comunidades humanas non occidentais, de lugares como Nicaragua (Os Waslala, 2005), Zimbabwe (Tanyaradzwa, 2009) ou o Sáhara (Asahra Hurratun!, 2009). Pero o seu cinema tamén se preocupa das "exploracións significante-significado" e a "serialidade, metanarración, hibridación de materiais e subversión de códigos", como en Pó de estrelas (2007) ou nos filmes que integran as súas series "Superfícies" e "Estudos cinematográficos", ambas iniciadas a partir de 2014. Actividade política Foi activista dos COSAL-Galiza (Comités de Solidariedade) e cofundador da súa revista Outrasvozes. Militou na LCR (Liga Comunista Revolucionaria) e posteriormente en Inzar. Formou parte do consello editorial da revista Viento Sur entre febreiro de 1996 e decembro de 2002. É membro do consello de redacción do Espaço Clara Corbelhe desde a súa constitución en 2021.
Ten publicado artigos en Outrasvozes, Novas da Galiza, A Nosa Terra e en Viento Sur.
Obra Filmografía Conversas em Zapatera (2002) Como foi o conto (2004) Os Waslala (2005) Bs. As. (2006) Pó de estrelas (2007) A soluçom é o socialismo (2008) Tanyaradzwa (2009) Asahra hurratun! (2009) Eclipse metanoico (2009) Puílha 17 janeiro 2010 15:33h (2010) Eclipse (2010) A Pedra do Lobo (2010) Faustino 1936 (2010) Outrasvozes (2011) A quem se lhe conte... (2011) Película urgente por Palestina (2012) A realidade (2012) Walsed (2014) Superfícies – Long Face (carvom) (2014) Superfícies – Sonho bolivariano (balor) (2014) Superfícies – Forgoselo (granito) (2014) Quim.com (2014) Frank (2015) Superfícies – Peter (tubo) (2015) Konfrontationen 2014 (2015) A Fundamental Error (2016) τεμενος³ (2017) Flora e fauna (shot on sight) (2017) A mosca (2017) Uluru (2018) O caruncho (2018) τέχνη (2019) 6x9 (2019) Oplezir (2020) Dolores (2021) Elefante (2022) Bronwyn (2023) Tristes tropiques (2023)
Literatura Película urgente por Palestina (Obra dramática num acto) (2012) Prosopagnosia (poesía; autoedición, 2013) Como foi o conto e outras peças teatrais (2013) O livro de Bs. As. (guión, fotos e ensaios sobre filme; 2015) Percorridos por unha teoria do desexo (novela; 2015) Jalundes (novela; 2022)
Ensaio Introdución aos clásicos do cinema experimental (Centro Galego de Arte Contemporánea, 1999) A voz do trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake (Laiovento, 2000) Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell (2003), “Cinema Underground estadounidense”, en Dentro y fuera de Hollywood (Festival de Cine de Xixón, 2004) “Residuos experimentales en Arrebato”, en Arrebato... 25 años (Filmoteca de Valencia, 2006) A mirada impasíbel (Edicións Positivas, 2007) A mirada inqueda (Edicións Positivas, 2013) Andy Warhol (Cátedra, 2014; en castelán) Emotional Materials / Personal Processes. Six Interviews with Experimental Filmmakers (StereoEditions, 2022).
Arte sonora A música da morte (esculturas sonoras, 1996-2010) A Pedra do Lobo [banda sonora da película] (Urro/Amaro Ferreiroa, 2013) Frank (2016)
Premios 2016: Premio da Crítica Galega na modalidade de Cine e Artes Audiovisuais. 2021: Mención Honorífica no Festival Primavera do Cine. 2021: Premio Cineuropa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas albertepagan.eu Web persoal Ficha en novocinemagalego.info Letterboxd Espaço Clara Corbelhe - Um projeto de investigação galego
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do inglés