Acontecementos Europa Frederico I Barbarroxa e o papa Alexandre III asinan a paz de Veneza. Esta paz consagra a autoridade papal, concedéndolle un perdón aos cismáticos. Barbarrosa abandona ao seu antipapa e recoñece a Alexandre III, se ben continúa a controlar as eleccións episcopais en Alemaña e rexeita entregarlle ao papado a herdanza de Matilde de Toscana. O papa Alexandre III envíalle unha carta ao preste Xoán, a quen chama "rei das Indias". Afonso VIII de Castela toma Cuenca. Fúndase a vila de Belfast en Irlanda. Sínodo dos bispos de Noruega. Neste sínodo téntase impor unha Constitución e establecer normas precisas para solucionar o problema da sucesión real. Porén, reinícianse as desordes e Sverri, un relixioso pretendente ao trono, ponse á cabeza dun clan de proscritos, os Birkebeiner ("pernas de bidueiro"). Rexeita aceptar as decisións políticas tomadas baixao presión da Igrexa e faise proclamar rei de Noruega en Nidarós o ano seguinte. Mieszko III de Polonia é deposto por despotismo. Casimiro II o Xusto tórnase en duque de Polonia.

Oriente Próximo Balduíno IV de Xerusalén e Reinaldo de Chatillon derrotan a Saladino na Batalla de Montgisard.

Asia Conflitos entre os khmer e os Chams, que saquean a capital, Angkor. No Xapón, as más relacións entre o emperador retirado Go-Shirakawa son tan tensas que aquel tenta un golpe de estado contra o Daijō-daijin (primeiro ministro) Taira no Kiyomori.

Nacementos Henrique I de Constantinopla (-1216) Mortes Henrique II de Austria Guillerme de Montferrat (1150-) Pedro II de Aragón, primeiro rei de Aragón coroado por un papa (1174-)

Outros Iníciase a construción da ponte Saint-Bénézet en Aviñón (rematada en 1185). Iníciase a construción do coro de Notre-Dame de París (rematado en 1182). O rei Fernando II de León outorga carta foral a Lugo.

Historia ano a ano

Categoría:1177