Expreso de medianoite (en ) é un filme dramático dirixido por Alan Parker, producido por David Puttnam e protagonizado por Brad Davis, Irene Miracle, Bo Hopkins, Paolo Bonacelli, Paul L. Smith, Randy Quaid, Norbert Weisser, Peter Jeffrey e John Hurt. Baséase no libro autobiográfico de Billy Hayes Midnight Express que foi adaptado en guión por Oliver Stone.
Hayes era un estudante estadounidense enviado a un cárcere turco por tentar facer contrabando haxix fóra de Turquía. O filme desvíase do libro na representación dos turcos e obtivo algunhas críticas, incluída a do propio Billy Hayes. Posteriormente, tanto Stone como Hayes expresaron o seu arrepentimento no xeito no que os turcos foron representados no filme. O título do filme é un termo que quere dicir o intento dun preso de fuxir.
Expreso de medianoite foi estreado o 6 de outubro de 1978. Despois da súa estrea, o filme recibiu críticas positivas, sendo especialmente eloxiada a interpretación de Davis, así como o guión, a dirección e a banda sonora de Giorgio Moroder. Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 9 de xuño de 1995.La Voz de Galicia, 9 de xuño de 1995. Páx. 79
Personaxes Brad Davis como Billy Hayes Irene Miracle como Susan Bo Hopkins como "Tex" Paolo Bonacelli como Rifki Paul L. Smith como Hamidou Randy Quaid como Jimmy Booth Norbert Weisser como Erich John Hurt como Max Kevork Malikyan como the Prosecutor Yashaw Adem como xefe de policía do aeroporto Mike Kellin como Mr. Hayes Franco Diogene como Yesil Michael Ensign como Stanley Daniels Gigi Ballista como Xuíz Peter Jeffrey como Ahmet Michael Yannatos como tradutor no xulgado
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1978 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Turquía Categoría:Filmes dirixidos por Alan Parker Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes rodados en Turquía Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes ambientados en Istanbul Categoría:Filmes ambientados en Turquía Categoría:Filmes de 1978 con versión en galego