1964 (MCMLXIV) foi un ano bisesto comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos Xaneiro 1 de xaneiro - Iniciase o 1º Plan de Desenvolvemento en España. 4 de xaneiro - O Papa Paulo VI visita Xerusalén, onde se entrevista co Patriarca de Constantinopla e xefe da Igrexa Ortodoxa grega, Atenágoras.
Febreiro 1 de febreiro - En EE. UU., os Beatles alcanzan por primeira vez o primeiro lugar nas listas discográficas, coa canción I Want to Hold Your Hand. 2 de febreiro - A sonda estadounidense Ranger VI chega á Lúa, pero non consegue retransmitir imaxes a causa dunha avaría na cámara. 2 de febreiro - Detención de sete activistas do Partido Nacionalista Vasco. 3 de febreiro - En Nova York (EE. UU.) en protesta contra a discriminación racial nas escolas, grupos de negros e portorriqueños boicotean as escolas públicas. 6 de febreiro - O goberno socialista cubano córtalle a auga á base naval estadounidense de Guantánamo como resposta ao secuestro de catro barcos de pesca cubanos ante as costas de Florida (o 2 de febreiro). 7 de febreiro - En Jackson (Mississippi, EE. UU.) un xurado non se pon de acordo no veredicto contra Byron De La Beckwith polo asasinato de Medgar Evers (en xuño de 1963). 7 de febreiro - O inmunólogo estadounidense Thomas Marchioro informa de que o soro antilinfocitos obtido de cabalos mitiga a reacción de rechazo dos transplantes de ril. 7 de febreiro - Un incendio asola unha gran parte das illas australianas de Tasmania e causa 52 mortos. 7 de febreiro - The Beatles chegan por primeira vez a Nova York. 7 de febreiro - A diocese de León cede ao INI o convento de San Marcos. 9 de febreiro - En EE. UU., The Beatles e Richard Terrance McDermott (corredor olímpico estadounidense) aparecen por primeira vez en The Ed Sullivan Show. 9 de febreiro - En Innsbruck (Austria) conclúen os Xogos Olímpicos de Inverno. 9 de febreiro - Anúnciase oficialmente o compromiso matrimonial entre o príncipe español Carlos Hugo de Borbón-Parma e a princesa holandesa Irene de Orange-Nassau. 11 de febreiro - En Chipre, tropas gregas e turcas combaten en Limasol. 11 de febreiro - O goberno de Taiwán corta relacións diplomáticas con Francia, debido a que os franceses recoñeceron á República Popular da China. 13 de febreiro - Asínase un acordo pesqueiro e comercial entre España e Mauritania. 15 de febreiro - En Barcelona, grande éxito da obra teatral María Rosa, de Ángel Guimerà, interpretada en catalán pola compañía de Núria Espert. 17 de febreiro - En EE. UU., en Wesberry v. Sanders (376 US 1 1964), a Suprema Corte declara que os distritos congresais deben ter aproximadamente a mesma poboación. 18 de febreiro - O goberno de EE. UU. pide explicacións ao goberno español acerca das relacións que mantén con Cuba. 19 de febreiro - Paul Simon escribe The Sounds of Silence. 19 de febreiro - Georgios Papandreu xura o cargo de presidente de Grecia ante o rei Paulo I. 19 de febreiro - Recóbrase o cadro de Rubens Cabezas de negros, que fora roubado do museo de Bruxelas. 21 de febreiro - No teatro Reina Victoria (de Madrid) estréase Nos venden el piso, de Alfonso Paso. 28 de febreiro - En Istanbul (Turquía) Turgut Erenerol é nomeado segundo patriarca da Igrexa Ortodoxa Turca, co nome de Eftim II. 29 de febreiro - O presidente estadounidense Lyndon B. Johnson anuncia que creou un avión (o A-11), capaz de voar a máis de 3200 km/h a máis de 20 km de altura.
Marzo 27 de marzo - o Terremoto Good Friday, o máis potente da historia de EE. UU., con 9,2 puntos da escala Richter, mata a 125 persoas e desfai a cidade de Anchorage (Alasca).
Abril 1 de abril - Golpe de estado no Brasil, coa toma do poder polos militares. 2 de abril - O cargo de Presidente do Brasil, conforme a constitución da época, é declarado vacante polo congreso, sendo substituído polo deputado federal Ranieri Mazzilli. 15 de abril, o Xeneral Humberto de Alencar Castelo Branco asume o cargo de Presidente do Brasil, empezando a lista de presidentes do Goberno militar do Brasil.
Maio 1 de maio, ás 4h, John George Kemeny e Thomas Eugene Kurtz executaron o primeiro programa escrito en BASIC (Beginners' All-purpose Symbolic Instruction Code), unha linguaxe de programación de alto nivel e de apredizaxe doada creada por eles e que, no futuro, sería implementada en varias versións nos máis diversos ordenadores.
Xuño 25 de xuño - Fundación da Unión do Pobo Galego, UPG.
Xullo 17 de xullo - Malcolm X fala perante a Organización para a Unidade Africana.
Setembro 11 de setembro. Inaugúrase a refinaría da Coruña.
Decembro 10 de decembro, Martin Luther King recibe o Premio Nobel. 11 de decembro, Che Guevara fai un discurso na ONU.
Nacementos Xaneiro miniatura|100px|Nicolas Cage. 7 de xaneiro - Nicolas Cage, actor estadounidense. 8 de xaneiro - Marc Quinn, escultor e artista visual británico. 23 de xaneiro - Francisco Granados, político español. 27 de xaneiro - Bridget Fonda, actriz estadounidense.
Febreiro 15 de febreiro - Chris Farley, actor estadounidense (m. 1997). 18 de febreiro - Matt Dillon, actor estadounidense.
Marzo 2 de marzo - An Alfaya, escritora galega. 9 de marzo - Juliette Binoche, actriz francesa. 18 de marzo - Rozalla, cantante de Zambia 30 de marzo - Tracy Chapman, cantante estadounidense.
Abril 7 de abril - Russell Crowe, actor neozelandés 25 de abril - Hank Azaria, actor estadounidense.
Maio 26 de maio - Lenny Kravitz, guitarrista estadounidense.
Xuño 2 de xuño - Mark Lipovetsky, crítico cultural ruso. 15 de xuño - Courteney Cox, actriz estadounidense.
Xullo 6 de xullo - Goretti Sanmartín Rei, escritora e política galega. 9 de xullo - Courtney Love, cantante e actriz estadounidense. 26 de xullo - Sandra Bullock, actriz estadounidense.
Agosto 15 de agosto - Manuel Escribano Subías, relixioso galego. 28 de agosto - Antón Riveiro Coello, escritor galego.
Setembro 2 de setembro - Keanu Reeves, actor estadounidense. 26 de setembro - Nicki French, cantante británica. 30 de setembro - Monica Bellucci, actriz italiana.
Outubro 14 de outubro - Begoña Caamaño, xornalista e escritora galega. 16 de outubro - José Carlos Fernandes, autor de banda deseñada portugués.
Novembro 10 de novembro - Magnús Scheving, produtor de televisión islandés. 11 de novembro - Calista Flockhart, actriz estadounidense. 16 de novembro - Diana Krall, pianista de jazz canadense. 25 de novembro - Mark Lanegan, músico estadounidense.
Decembro 4 de decembro - Marisa Tomei, actriz estadounidense. 19 de decembro - Arvydas Sabonis, baloncestista lituano.
Mortes miniatura|100px|Ramón Suárez Picallo. 1 de xaneiro - Bechara El Khoury, presidente de Líbano (n. 1890) 2 de xaneiro - Pío Fonty Quer, botánico español. 1 de febreiro - Luís Soto Menor, mestre e inspector galego (n. 1881). 17 de febreiro - Enrique Vidal de Bustamante, mestre e político galego (n. 1897)
21 de febreiro - Luis Martín-Santos, escritor español. (n. 1924). 5 de abril - Douglas MacArthur, militar estadounidense. 29 de abril - Wenceslao Fernández Flórez, escritor galego en castelán. 29 de abril - Elsa Fernández González, escritora galega (n. 1933). 16 de maio - José Goyanes Capdevila, médico galego (n. 1876). 21 de maio - James Franck, físico alemán, premio Nobel de Física en 1925. 27 de maio - Jawaharlal Nehru, primeiro presidente da India (1947-1964). 3 de xullo - Arturo Souto, pintor galego. 15 de xullo - Pedro Basanta del Río, enxeñeiro forestal e político galego. 14 de outubro - Ramón Suárez Picallo, político galego. 11 de novembro - Manuel Gómez Román, arquitecto galego. 17 de decembro - Victor Franz Hess, físico austríaco, premio Nobel de Física en 1936.
Premios Nobel Física: Charles Hard Townes, Nikolai Basov e Aleksandr Mikhailovich Prokhorov Química: Dorothy Crowfoot Hodgkin Fisioloxía ou Medicina: Konrad Bloch e Feodor Lynen Literatura: Jean-Paul Sartre Paz: Martin Luther King
Día das Letras Galegas dedicado a: Castelao
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1964