Amarcord é un filme italiano dirixido por Federico Fellini, é un filme semiautobiográfico sobre Titta, un adolescente que vive na vila de Borgo San Giuliano (situado preto dos antigos muros de Rimini)Fellini Foundation na Italia fascista da década de 1930. O título do filme é un neoloxismo baseado na frase romañola "a m'arcord" ("Lémbrome"), que quere dicir 'revogación nostálxica'.
A educación sentimental de Titta é emblemática da "falta de conciencia" de Italia."Peter Bondanella, Amarcord: The Fascism Within Us in Federico Fellini: Essays in Criticism, pp. 20-21. Fellini fai unha crítica das ridículas posturas de Mussolini e da Igrexa católica que "encarcerou os italianos nunha adolescencia perpetua"Bondanella, 20. Para outras discusións sobre Fellini e o fascismo, véxase The Cinema of Federico Fellini e I'm a Born Liar: A Fellini Lexicon de Bondanella. ríndose de si mesmo e dos seus compañeiros aldeáns en escenas cómicas que salientan a súa incapacidade para adoptar unha responsabilidade moral xenuína ou deixar atrás parvas fantasías sexuais.
O filme gañou o Oscar como mellor filme en lingua non inglesa, e estivo nomeado a dous premios máis, o de mellor director e mellor guión orixinal.
Personaxes Bruno Zanin como Titta Magali Noël como Gradisca Pupella Maggio como Miranda Biondi Armando Brancia como Aurelio Biondi Giuseppe Ianigro como avó de Titta Nando Orfei como Lallo ou "Il Pataca", tío de Titta Ciccio Ingrassia como Teo, tío de Titta Stefano Proietti como Oliva, irmán de Titta Donatella Gambini como Aldina Cordini Gianfranco Marrocco como fillo do conde Ferdinando De Felice como Cicco Bruno Lenzi como Gigliozzi Bruno Scagnetti como Ovo Alvaro Vitali como Naso Francesco Vona como Candela Maria Antonietta Beluzzi como estanqueira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 47ª edición dos Óscar Bibliografía Bondanella, Peter (1976). "'Amarcord': The Impure Art of Federico Fellini." en: Western Humanities Review, Volume 30, n.º 2. Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Federico Fellini Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes sobre prostitución Categoría:Filmes de Warner Bros.