A lingua hidatsa é unha lingua síux do val do Missouri falada polo pobo hidatsa, que habita principalmente en Dacota do Norte e en Dacota do Sur. Está estreitamente relacionada coa lingua crow, e está seriamente ameazada pola perda de falantes. Unha descrición da cultura hidatsa-mandan, incluíndo unha gramática e un vocabulario da lingua, foi publicada en 1877 por Washington Matthews, un doutor que viviu entre os hidatsa na reserva india de Fort Berthold. Segundo datos de 2007 tiña 200 falantes e minguando. O hidatsa está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

No presente, a lingua é obxecto de estudo na tradición da gramática xenerativa.

Notas

Categoría:Linguas síux Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América