miniatura|No lago Manyara, Tanzania. A mangosta raiada (Mungos mungo) é unha especie de mangosta que habita xeralmente nas rexións centrais e orientais de África. Vive na sabana, en bosques abertos e pradarías, e aliméntase principalmente de escaravellos e diplópodos. As mangostas raiadas empregan diferentes tipos de goridas para refuxiarse, incluíndo os montículos das térmites. Mentres que a maioría das especies de mangostas teñen vidas solitarias, as mangostas raiadas viven en colonias cunha complexa estrutura social.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Banded Mongoose Research Project Species profile bandedmongoose.org
Categoría:Herpéstidos Categoría:Animais descritos en 1788