Brabantse Turfmarkt é o nome dunha canle e da súa rúa anexa, na zona antiga da cidade surholandela de Delft, nos Países Baixos. Cara ao sur, esta canle conflúe coa canle Achteron.

Historia O nome desta canle débese á turba (neerlandés: turf) que se esparexeu pola súa rúa anexa e que foi traída da provincia de Brabante."Delftse Mysteries: hoe komt de Brabantse Turfmarkt aan zijn naam?". En Indebuurt.nl

Esta canle formaba parte no século XIII do límite oriental de Delft, determinado por unha vía principal constituída polas canles Achterom, Brabantse Turfmarkt, Burgwal e Verwersdijk.Opsteller W. F- Weve. Cultuurhistorische aspecten Gasthuisplaats. 2006

A parte norte de Brabantse Turfmarkt e a zona de Burgwalgracht foron ocupadas en 1860 para aumentar o espazo dispoñible para o mercado de gando que se celebraba na praza Beestenmarkt.

Actividade comercial Todos os xoves hai un mercado de flores en Brabants Turfmarkt. No sitio web oficial do Concello de Delft Ademais, os sábados de 9:00 a 17:00 celébrase alí un popular mercado de produtos da horta."Markt Delft: zaterdag op de Brabantse Turfmarkt". En Indebuurt.nl

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen. Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (En neerlandés) Outros artigos Delft

Categoría:Arquitectura en Delft Brabantse