Acontecementos Europa Comeza o reinado de Canuto VI, rei de Dinamarca (até 1202) Filipe Augusto de Francia expulsa aos xudeus. Concilio de Saintes Pedro Valdo é excomungado e prohibido. Florenza conquista Empoli A Moravia constitúese temporalmente en margraviado A Catedral de Santiago de Compostela celebra o seu primeiro Xubileu

Imperio Bizantino Abril: Usurpación de feito do curmán de Manuel I Cómneno, Andrónico Cómneno, que provoca que Alexis II Cómneno masacre os latinos de Constantinopla en maio. Concédenselle importantes privilexios comerciais a Veneza, os únicos a non ser masacrados. Os xenoveses e pisanos lanzan os seus piratas ao mar Exeo.

Oriente Próximo Reinaldo de Châtillon decide lanzar un ataque sobre A Meca. Embárcase en Eilat, pequeno porto pesqueiro do golfo de Aqaba, e ataca Yanboh, porto de Medina e logo Rabigh, non lonxe da Meca. De camiño, afunde un barco de peregrinos musulmáns. En canto Reinaldo, cargado de botín, retorna ás súas terras, os seus homes continúan a atravesar o mar Vermello. O irmán de Saladino, al-Adel, que goberna no Exipto, lanza contra eles unha frota que os desfai. Algúns deles son conducidos á Meca para ser decapitados en público. Secesión de Chipre

Asia Na India, o xeneral gurida Muhammad ibn Sam toma Debal e converte aos Sumras (ismaelís) en vasalos seus.

Nacementos Aleixo IV Anxo, emperador bizantino

Mortes Valdemar I, rei de Dinamarca

Outros Averroes convértese en primeiro médico da corte do califa almohade Abu Yaqub Yusuf.

Historia ano a ano

Categoría:1182