Bar-le-Duc é unha cidade e comuna do nordeste de Francia, no departamento de Mosa, rexión do Gran Leste.

Foi, noutros tempos, a sede do Condado, e máis tarde, Ducado de Bar.

É a localidade natal, entre outros, do presidente da República Raymond Poincaré.

A Ville Haute (parte alta da cidade), conserva numerosos edificios renacentistas que lle confiren carácter. Na igrexa de St. Étienne (Praza de St. Pierre), está a famosa estatua "Le Transi", de Ligier Richier. No presbiterio e do mesmo autor áchase o gran grupo escultórico do Calvario: Cristo crucificado entre os dous ladróns.

A confeitura de grosellas de Bar-le-Duc, na que se eliminaron as sementes dos froitos manualmente mediante unha pluma de ganso, é unha famosa especialidade ancestral coñecida como caviar de Bar.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Concello de Bar-le-Duc Web da Oficina de Turismo

Categoría:Cidades de Francia