miniatura|280px|A penísula do Peloponeso miniatura|280px|Xeograficamente, o termo Peloponeso aplícase a toda a península, aínda que na organización territorial de Grecia só unha parte pertence á periferia de Peloponeso; a parte noroccidental corresponde á periferia de Grecia Occidental. miniatura|280px|Mapa físico do Peloponeso. (Os topónimos, en alemán). A península do Peloponeso, tamén chamada Morea ou, simplemente, O Peloponeso (en grego Πελοπόννησος, pronunciación clásica Pelopónnēsos; pronunciación moderna Pelopónisos) é unha península de Grecia, unida ao continente polo istmo de Corinto, que actualmente está cortado polo canal de Corinto.
O seu nome provén dun heroe mitolóxico grego, Pélope, quen supostamente conquistou toda a rexión.
Etimoloxicamente Peloponeso significa "illa de Pélope", a pesar de que só foi unha verdadeira illa tras a apertura do canal de Corinto en 1893.
Na Idade Media, "Morea", debido ao parecido da súa forma cunha folla de moreira. Contra o século XIII conformou o Despotado de Morea.
Patrás (no norte) e Kalamata son as únicas cidades importantes, onde se achan os principais portos.
En 2004 o Peloponeso gañou unha segunda conexión co continente tras a construción da Ponte de Río-Antirio.
Na rexión encóntrase a cidade de Olimpia, centro relixioso da Antigüidade, onde se celebraron os primeiros Xogos Olímpicos, e a cidade de Esparta, unha das dúas cidades-Estado hexemónicas na Antigüidade clásica.
Xeografía A península é un prolongamento da cordilleira do Pindo e presenta un relevo moi montañoso. Está formada por varios macizos: o Olono, no NO (2 223 msnm), o Kyllini, no NE (2 376 m), o Mégalo, no centro (1 980 m) e, no SE, os outeiros da Argólida, o Parnón (1 935 m) e o Taigeto (2 404 m), que bordean os característicos golfos de Nauplia, Laconia e Mesenia. Nestes últimos terminan os vales de Argos, Esparta e Kalamata, onde se practica a agricultura de rega.
A península presenta chairas interiores illadas, como a de Megalópole. No Peloponeso non se estenden chairas costeiras pantanosas, que foron desecadas para dedicalas á agricultura e eliminar a malaria.
Economía A rexión vive eminentemente de cultivos agrícolas de tipo mediterráneo: froiteiras, cítricos, oliveiras e videiras. A estas actividades hai que engadir gandaría ovina e caprina nas zonas montañosas, e o cultivo de millo nos vales.
O Peloponeso exporta produtos da oliveira, melóns, sandías, cítricos, tabaco e, especialmente viño e pasas (pasas de Corinto). Argos subministra verduras a Atenas.
Igualmente existe un incipiente desenvolvemento do turismo rural en zonas singulares do Peloponeso, nas que co apoio de programas do Estado grego estanse a reconstruír antigos pyrgoi (torres) para reconvertelos en hoteis rurais destinados ao turismo de calidade, sobre todo en zonas achegadas ao mar como Gythio, o antigo porto de Esparta.
Historia Os primeiros poboadores do Peloponeso foron os exeos (2600 a. C.) e posteriormente a península foi ocupada por anatolios (2400 a. C.), xonios (2000 a. C.) e aqueos (1600 a. C.).
Esparta converteuse na principal polis da península tras conquistar un terzo dela (610 a. C.) e formar a Liga do Peloponeso, que se enfrontou a Atenas.
Máis tarde o Peloponeso foi dominado polos macedonios e os romanos, baixo cuxo mandato a rexión decaeu en importancia, a pesar da paz interior que se viviu nela.
Foi devastado por Alarico en 396 e ocupado por tribos eslavas, que se helenizaron. Tras a derrota do Imperio bizantino en 1204, foi conquistado por Venecia e os cruzados e, un século despois, polos Romanos de Oriente en 1430, pero trinta anos máis tarde foi ocupado polos otománs (baixo o sultán Mehmed II), aos que pertenceu até a independencia da Grecia moderna.
División político-administrativa A periferia do Peloponeso é unha periferia de Grecia, formada por 5 unidades periféricas: Arcadia, Argólida, Corintia, Laconia e Mesenia.
As unidades periféricas de Acaia e Élide pertencen tamén á península, pero forman parte da periferia da Grecia Occidental.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Xogos olímpicos na antigüidade Grecia Esparta Argos Corinto Periferias de Grecia Canal de Corinto Guerra do Peloponeso Liga do Peloponeso Terremoto do Peloponeso de 2008
Categoría:Mar Exeo Categoría:Mar Xónico