dereita|miniatura|258x258px|Tunjos no Museo do Ouro, Bogotá dereita|miniatura|200x200px|Tunjo zoomorfo no Museo do Ouro. Un tunjo (do muisca: chunso)chunso - Muysccubun Dictionary é unha pequena figura antropomorfa ou zoomorfa elaborada polo pobo muisca como parte da súa arte. Os tunjos facíanse con ouro ou con tumbaga; unha aliaxe de ouro, prata e cobre. Os muiscas empregaban os tunjos en varios aspectos da súa relixión e estas pequenas ofrendas votivas foron descubertas en diversos lugares do Altiplano Cundiboyacense, Colombia. Os tunjos eran ofrecidas para comunicarse cos deuses e cando os muiscas querían os favores das súas deidades.Tunjos on Arte en la red

Descrición Os tunjos eran pequenas figuras que representaban persoas, deidades da relixión muisca ou animais. Empregábanse con tres obxectivos; como ornamentos nas tumbas de persoas de diferentes estamentos sociais, como decoración nas entradas dos templos e santuarios, e como figuras rituais nas lagoas e ríos sagrados dos muiscas.Description and metallurgy of tunjos - Museo do Ouro - Bogotá

Foron descubertos na lagoa de Guatavita, no río Bosa; na parte oeste do río Bogotá e en varios outros lugares sagrados para os muiscas. Tamén foron atopados algúns dentro de covas.Tunjos found in caves and other places No ano 2001, un labrego atopou tres tunjos en Carmen de Carupa, Cundinamarca. Outras figuras moi semellantes foron atopadas en Valle del Cauca, no sur de Colombia. Os pijaos tamén facían tunjos.Tunjo of the Pijao people

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pobo muisca