miniatura|Miniatura representando o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago polo bispo Teodomiro, cun anxo incensando e indicando cal é. De rebus gestis D. Didaci Gelmirez, primi compostellani archiepiscopi, Historia compostellana ou Historia composteláAsí figura citada en Ante a Historia Compostelá, ensaio de Claudio Sánchez Albornoz traducido por María Fe González e publicado pola Editorial Trifolium en 2010. é unha crónica en lingua latina escrita a partir de 1109 dentro do círculo de Diego Xelmírez, primeiro bispo e despois a partir do ano 1120 arcebispo de Santiago de Compostela.

Descrición A finalidade da obra é rexistrar os feitos realizados por Xelmírez para engrandecer a sé apostólica e dá unha perspectiva dende o reino de Galicia dos sucesos que acontecen no seu tempo, constituíndo deste xeito unha fonte historiográfica de gran valor ao incluír documentos históricos no propio texto. miniatura|page=3|ESPAÑA SAGRADATHEATRO GEOGRAPHICO-HISTORICODE LA IGLESIA DE ESPAÑATOMO XX.HISTORIA COMPOSTELANADala a luz el M.R.P.Mro.Fr.Henrique Florez1765 A Historia compostellana abrangue entre os anos 1100 e 1139 e contense en tres libros. O primeiro redactor foi Nuño Alfonso, cóengo da Catedral de Santiago de Compostela (e bispo de Mondoñedo dende 1112), que comezou o traballo logo da morte do rei Afonso VI de León (1109), aínda que contou con varios colaboradores, principalmente Hugo (cóengo compostelán que sería bispo do Porto, de orixe francesa) e Xiraldo de Beauvais, amigos persoais de Xelmírez. Xiraldo escribiu a maior parte da historia, continuando o labor a partir do ano 1120. Outros colaboradores foron Pedro Anaia e posibelmente, Rainerio o magister.

Consérvanse dezaseis manuscritos da Historia compostellana. Os máis importantes son os custodiados na biblioteca da Universidade de Salamanca (ms. S, séc. XIII) e no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (ms. A, séc. XIV).

No Museo de Pontevedra consérvase unha copia do século XV (que ben pode ser o terceiro en antigüidade despois dos dous citados anteriormente). O volume foi doado en 1982 por José Domínguez Casáis e presenta un ex libris a nome de don José Menéndez Pidal y Álvarez, posible irmán do historiador Ramón Menéndez Pidal.Emma Falque Rey: "El manuscrito de la 'Historia Compostelana' del Museo de Pontevedra", en El Museo de Pontevedra XXXVII, 1983, 75-85.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Catedral de Santiago de Compostela Categoría:Século XII en Galicia