Os flamengos (en ) son un grupo étnico xermánico nativo de Flandres, no norte de Bélxica, que falan neerlandés, especialmente o dialecto histórico falado en Flandres, coñecido como neerlandés flamengo. É un dos dous principais grupos étnicos de Bélxica, sendo o outro o valón. Os flamengos representan a maioría da poboación de Bélxica (arredor dun 60%). Historicamente, tódolos habitantes do Condado de Flandres medieval eran chamados "flamengos", independentemente da lingua falada. A rexión contemporánea de Flandres abrangue unha parte do condado histórico, así como o Ducado de Brabante e o condado de Loon medievais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grupos étnicos de Europa

Categoría:Grupos étnicos de Bélxica Categoría:Grupos étnicos de Europa